A Casa da Cultura de Boiro acolle este venres Falar por falar de Volta e Dálle Teatro

13 Outubro 2022

Este venres 14 de outubro, ás 21.00 horas, a Casa da Cultura de Boiro vai acoller o espectáculo Falar por falar, unha función de Volta e Dálle teatro para público adulto.

Falar por Falar é o novo espectáculo teatral da compañía Volta e Dálle e nel un actor do medio rural (Víctor Mosqueira) e un dramaturgo da contorna urbana (Carlos Santiago) debullan as súas vivencias e reflexións arredor da lingua galega.

A través do relato autobiográfico, da representación retranqueira de episodios históricos, de cantigas medievais e cancións folk ou rock, Víctor e Carlos desafían ao público a unha viaxe humorística pola realidade viva da lingua. E faise esta viaxe na procura dunha visión liberada de prexuízos e idealizacións na busca de desentrañar un chisco os enigmas dese falar por falar que vén sendo toda lingua.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.