“Servizo á sociedade”. Luís Celeiro

13 Outubro 2022

Fumegaban as canalizacións da auga quente, derretíase o xabón no lavabo de lavar as mans, había na casa unha avaría descontrolada e a dona falou co seu marido, un parado de longa duración moi acostumado a traballar de noite e de día, por quendas e en quendas seguidas, por horas e moitas
horas. Nun instante o fontaneiro responde á chamada e dálle cita para pasadomañá, ás once e corenta e seis minutos. Perfecto! Esta modernidade dá gusto, dixo a señora. Agora non é como antes, que chamabas ao fontaneiro e viña cando quería, coa chave inglesa.
Chegou unha fontaneira coas uñas pintadas, elegantemente vestida, con guantes aos que chamaba luvas e con dous teléfonos potentes, un en cada man. Cun deles alumeaba, amplificaba o ruxir da auga e marcaba o punto exacto da fuga. -Alí, naquel cruce, naquel te está o escape. Se queren dar parte ao seguro poden facelo. Vostedes dirán! -Non temos nada que dicir, señora. Non temos seguro nin temos auga, nin luz, nin cartos para pagar o butano. -Temos medo. Medo á fame, medo á miseria, á guerra e moito medo aos guerreiros e, máis aínda, a eses que tiran a pedra e escoden a man.
Na casa da veciña, estaba unha máquina soa cortando a herba. Ía e volvía, repasaba e pasaba as veces que fixera falta para un lado e despois para os outros. E alí, un pouco máis arriba, outro robot cravaba as puntas do piso da casa do mestre. Era moi sorprendente e moi atractivo, o carpinteiro estaba sentado no posto de mando e dende alí, coa pantalla colgada nunha das paredes e coa copa na man, o ordenador dirixía ás cabezas para que fosen lixeiras coa punta ao seu sitio, ao burato feito ou, cando menos, marcado na escala informática.
Avances imparables en todo. Non queda nada do pouco que había, non hai oficio, non hai quen o ensine nin quen o aprenda. Nos vindeiros vinte anos, segundo os expertos, cerca da metade dos postos de traballo nos países desenvolvidos estarán ocupados por robots e a humanidade, caladiña, dependente do ditado dos impulsos automáticos da tecla. Múltiples e variados impulsos que lle recordaran á xente Un mundo feliz de Aldous Huxley.
Niso estamos, no paro e sen posibilidades e sen animo de saír del. Dio moi ben a Tía Manuela, “nós non somos máquinas nin queremos que nos traten como a elas. Queremos atención, pan e traballo, e que a informática, a telemática e a intelixencia (tamén a artificial) presten servizo á sociedade”.

Outros artigos

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

+

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

+

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

+

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.