“Outorgada a nacionalidade española ao mariñeiro de Ghana sobrevivente no naufraxio do Villa de Pitanxo”. Antón Luaces

12 Outubro 2022

Pendente aínda a resolución do CIAIM (Comisión Permanente de Investigación de Accidentes e Incidentes Marítimos) sobre que foi o que produciu o naufraxio do pesqueiro marinense Villa de Pitanxo, a proposta da Ministra de Xustiza -ratificada polo Consello de Ministros do martes último- o mariñeiro dese buque (un dos tres únicos sobreviventes) Samuel Kwesi Koufie, de orixe ghanesa, xa ten nacionalidade española. A decisión atribúese ás “circunstancias excepcionais” nas que se atopa o mariñeiro, de baixa médica como consecuencia do afundimento do pesqueiro en augas de Terranova o pasado 15 de febreiro.

O testemuño de Samuel Kwesi é considerado fundamental para investigar o sucedido, por canto modifica substancialmente as declaracións realizadas polo patrón do buque e o seu sobriño, sobreviventes ao igual que Samuel da terrible traxedia rexistrada en augas nas que o barco faenaba, a 250 millas da costa terranovense, e que produciu a morte a 21 dos seus 24 tripulantes.

Samuel Kwesi Koufie

No afundimento do barco de Marín non se produciu orde expresa á tripulación para que se puxeran os traxes de sobrevivencia, algo que chamou a atención de Samuel Kwesi porque o patrón e o seu sobriño xa os tiñan postos. Estes tamén dixeron que o patrón dera esa orde.

Na Audiencias Nacional, o mariñeiro ghanés dixo que o motor do Villa de Pitanxo non parou, senón que deixou de funcionar ben o sistema que permite recoller (cobrar, en termos mariñeiros) o aparello, tensando pero non recollendo, feito que provocou, ao seu parecer, a escora que, posiblemente, causou o naufraxio.

Os mariñeiros que estaban na cuberta berraron para que o patrón arriara os aparellos, sen que o máximo mando do buque tivera en conta tal demanda. Posteriormente, o co buque xa escorado, parouse o motor e a escora de babor incrementouse definitivamente causando  o afundimento do buque e a morte a 21 mariñeiros.

A concesión da nacionalidade española  a Samuel Kwesi ten en conta, probablemente,  a situación persoal do mariñeiro, wue non volveu embarcar e que conta con baixa médica. Legalmente ese recoñecemento xa podería corresponderlle, debido a que reside e traballa en España dende vai máis de 15 anos.

Mentres tanto, as familias dos mariñeiros finados manteñen a reclamación para wue o Goberno decida conceder permiso para que persoal preparado e dotado dos medios necesarios inspeccionen o pecio do Villa de Pitanxo por se poideran constatar que os mariñeiros desaparecidos permanecen aínda nas dependencias do arrastreiro.

Outros artigos

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

+

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

+

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.