A Pobra dá a benvida ás XXIV Xornadas de Homenaxe a Valle- Inclán

11 Outubro 2022
Presentación vixésimo cuarta edición Xornadas Homenaxe Valle-Inclán.

Nesta fin de semana arranca unha das grandes citas culturais por excelencia do calendario do outono na localidade. A vixésimo cuarta edición das Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán concéntranse na última quincena do mes de outubro e trae consigo unha variedade de actividades para tódolos públicos organizadas pola Concellaría da Cultura, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG- PSOE).

A Pobra dará a benvida a esta nova convocatoria no venres 14 coa apertura da exposición dos traballos presentados ao I Concurso de Carteis das XXIV Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán. Será ás 20.00
horas, no Museo. Deseguido, Xaquín del Valle-Inclán Alsina impartirá a conferencia Valle-Inclán un escritor de éxito? no Auditorio, ás 20.30 horas.
As persoas asistentes recibirán como agasallo a lámina gañadora do dito certame, da autoría de Sara Martínez Narváez.
Xa no sábado 15 transcorrerá a vertente literaria coa presentación da publicación de banda deseñada Valle-Inclán, los años del esperpento, de Manuel López Poy. Será ás 20.30 horas, no Auditorio.
E, no domingo 16, MyH Producciones subirá ás táboas do Elma para interpretar Luces de bohemia de Ramón del Valle-Inclán, ás 20.00 horas, destinada a público adulto.
A entrada para todas estas actividades é libre ata completa-la cabida.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.