Entrou en vigor o veto da Unión Europea á pesca de fondo en 87 caladoiros

09 Outubro 2022

Este domingo entrou en vigor o regulamento europeo que veta a pesca de fondo en 87 caladoiros do océano Atlántico. 

Os barcos galegos que operaban nos caladoiros nos que Europa prohibe a pesca de fondo prepáranse para unha semana complicada.

En declaracións á TVG, Basilio Otero, presidente da Federación Nacional de Confrarías explica que “O mar está zonificado e temporalizado, é dicir, hai barcos que van a unhas zonas nunhas determinadas épocas e desde esta noite iso borrouse. Hai que empezar de novo, trazar un novo mapa (…). Os barcos que traballaban nesas zonas teñen que desprazarse a outras onde xa hai compañeiros (…), e a diferenza de artes, de barcos e de xeitos de traballar pódese facer complicado”.

Afrontan a nova situación coa fortaleza do sector unido e co apoio institucional e social demostrado este sábado en Ribeira. Os máis prexudicados son os barcos de palangre de fondo, como os da frota de Burela que captura a prezada pescada do pincho.

“É unha norma ilóxica, para artes que non son daniñas para os fondos do mar, para zonas que din que vedan por se hai estas especies mariñas vulnerables e amais os científicos do Instituto Español de Oceanografía dannos a razón. Temos esperanzas de que o recurso prospere e de que a xuíza que o leve pida as medidas cautelares e poder traballar con normalidade”, agarda Otero.

Coa vía xudicial aberta, continúan tamén as negociacións políticas, a só unhas horas de que o comisario de Pesca explique no Parlamento Europeo o regulamento que prohibe a pesca de fondo en caladoiros de máis de 400 metros de profundidade.

O veto

A pesca de fondo a máis de 400 metros de profundidade está prohibida en 87 zonas do Atlántico nororiental desde este domingo, coa entrada en vigor das polémicas vedas impostas pola Comisión Europea.

En España a norma conta co rexeitamento das administracións, da frota e dos sectores económicos ligados ao litoral. As principais zonas afectadas son o Gran Sol, o Cantábrico e o golfo de Cádiz.

A decisión, que ten como obxectivo protexer ecosistemas mariños vulnerables, faise realidade no medio dun forte balbordo social e político, polo seu impacto na actividade pesqueira e pola confusión xerada sobre a súa aplicación.

O ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, anunciaba en Vigo o xoves que finalmente quedarían fóra do veto 41 das 87 áreas afectadas. Horas máis tarde, Bruxelas corrixía as súas palabras e limitaba a exención ás zonas con menos de 400 metros de profundidade.

O Goberno anunciou que vai presentar recurso ante o Tribunal de Xustiza da Unión Europea ao considerar que se trata dunha “normativa inxusta” baseada en información científica “insuficiente e anticuada”. 

Con todo, non formalizou unha petición de moratoria da súa entrada en vigor, polo que a norma xa está vixente. Para interpoñer recurso ten de prazo ata mediados de novembro.

Mentres, os barcos afectados non teñen claro se poden saír ao mar. A Xunta calcula que o regulamento afecta uns 4.400 tripulantes galegos e terá un impacto global na economía da comunidade duns 816 millóns de euros.

Este sábado, centos de persoas concentráronse na praza do concello de Ribeira para rexeitar unha decisión “arbitraria e inxusta” que ten consecuencias importantes na economía galega.

Concentración en Ribeira

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Unha delegación de Angola visita en Ribeira a Escola Náutico-Pesqueira

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, acompañou no día de hoxe a unha delegación procedente de Angola durante a súa visita á localidade que arrancou na Escola Oficial Náutico-Pesqueira para coñecer o modelo pesqueiro galego, con especial énfase na pesca tradicional....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.