Luns con chuvias intermitentes e ceos nubrados

09 Outubro 2022

Xornada de inestabilidade atmosférica con aire frío en altura e os restos dunha fronte pouco activa sobre Galicia. Espérase así un día de ceos nubrados e chuvias intermitentes, que ao principio da xornada poderían afectar a calquera punto da Comunidade, producíndose de xeito máis irregular segundo avancen as horas do día. As temperaturas non experimentarán cambios significativos, aínda que as máximas descenderán polo leste. O vento soprará frouxo de dirección variable.

Temperatura do aire (°C)MINMAX 15° 22°
Temperatura da auga (°C) 16°
Índice ultravioleta máx. 3
meteogalicia

O NOSO MAR: Vento do sur á mañá, variable á tarde e do norte á noite, forza 2 a 3 á mañá, 1 a 3 á tarde e 3 a 4 á noite. Mar ovellado á mañá e á tarde e marusía á noite. Visibilidade regular á mañá e boa á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros á mañá e á tarde e 1 a 2 metros á noite.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Preamar05:003.8 m
Baixamar11:000.4 m
Preamar17:164.0 m
Baixamar23:230.4 m
Vigo
Hora*Altura
Preamar04:513.7 m
Baixamar10:530.5 m
Preamar17:073.9 m
Baixamar23:140.5 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Preamar04:553.8 m
Baixamar10:570.4 m
Preamar17:113.9 m
Baixamar23:190.4 m

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Mércores 28, xornada de tempo seco e máximas en ascenso

A metade oeste concentrará a maior parte da nubosidade, mentres que os termómetros gañarán graos durante as horas centrais do día. A comunidade galega vivirá este mércores unha xornada marcada polo tempo seco e un ascenso moderado das temperaturas máximas, como...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“¿Me gusta Patti Smith?”. Mario Clavell

“¿Me gusta Patti Smith?”. Mario Clavell

Cantó en la entrega del Princesa de Asturias un fragmento de Wing, a sus 79 años, desmelenada según costumbre, áspera y afinada melódicamente. Escuché por you tube algunas de sus canciones espectáculo en auditorios petados con megafonía alta ante público entregado,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.