Tres empresarios e dúas firmas da Pobra absoltos dos delitos de estafa e apropiación indebida

05 Outubro 2022

A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña absolveu a tres empresarios, a unha promotora e a outra firma da Pobra dos delitos de estafa, apropiación indebida e administración desleal ao considerar que non «consta acreditada a existencia de ningún prexuízo para as sociedades implicadas nin para os seus socios. Nin por parte dos asinantes das escrituras a intención de lucrarse de forma indebida ou menoscabar o patrimonio alleo”, indica o tribunal na sentenza, contra a que cabe presentar recurso.
A imputación foi feita pola Fiscalía e por unha acusación particular formulada por outra empresa.

O proceso comezou por mor dunhas operacións de compravenda de naves, parcelas e dun parque fotovoltaico efectuadas no ano 2013. Segundo detállase no auto da sentenza. As operacións foron escrituradas por un importe inferior ao convido polas partes.
Os maxistrados consideran que non consta, por parte dos asinantes das escrituras, «a intención de lucrarse de forma indebida ou menoscabar o patrimonio alleo». Contra a sentenza cabe presentar recurso de casación por infracción de lei.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.