A Pobra activa o 25 de outubro unha nova edición do curso de iniciación á lingua de signos

05 Outubro 2022

O Concello da Pobra, ante a boa acollida que tivo o curso de iniciación á lingua de signos no pasado ano, impulsou unha nova edición para o actual exercicio. Vén da man da Concellaría do Desenvolvemento Local da Pobra do Caramiñal, en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns. Foi presentado este mércores 5 de outubro pola concelleira do Desenvolvemento Local, Amparo Cerecedo (BNG), acompañada da orientadora laboral do Concello, Blanca Álvarez.

A adquisición de nocións básicas sobre a comunicación mediante a lingua de signos e o fomento da inclusión son os dous eixes desta acción formativa, cuxas clases impartiranse o 25 de outubro, dende as 10.00 ata as 14.00 horas, na aula multiusos da Casa da Mocidade.

Dirixido a toda a cidadanía en xeral, o prazo de inscricións do curso permanecerá aberto do día 6 ao 13, ambos inclusive. O trámite formalizarase no rexistro do Concello ou na sede electrónica, onde está á disposición o documento de solicitude. Tamén será preciso achegar a copia do DNI. Establécese un límite de 25 prazas que se cubrirán pola orde de entrada. Máis información no teléfono de contacto 981377610.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.