Comeza o taller de emprego Noia-Lousame-Outes 2022, que formará a 20 persoas en tratamentos silvícolas e repoboacións forestais

03 Outubro 2022

O salón de actos da Casa da Cultura de Lousame acolleu esta mañá o acto de posta en marcha do obradoiro de emprego “Noia-Lousame-Outes”, que formará durante doce meses a vinte persoas desempregadas nas especialidades de repoboacións forestais e tratamentos silvícolas. Un acto presidido polo delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor; a alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde Pais; o alcalde de Noia, Santiago Freire Abeijón; e o alcalde de Outes, Manuel González López.
A alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, destacou a importancia deste tipo de programas formativos “para facilitar a empregabilidade do alumnado que participa”. Así mesmo, destacou a idoneidade da elección das especialidades deste ano, tratamentos silvícolas e repoboacións forestais, xa que son “un nicho de traballo que ten demanda agora mesmo no noso territorio”. Por iso, recomendou aos presentes: “aproveitade a formación e que teñades moita sorte á hora de integrarvos no mercado laboral. Dende os Concellos estaremos á altura para que este obradoiro sexa un éxito”.
O alcalde de Noia, Santiago Freire, agradeceulle á Xunta a ampliación de 9 a 12 meses do período de formación xa que “é unha importante vantaxe fronte a outras edicións, xa que permitirá que o alumnado afonde tanto na formación teórica como na práctica en cuestións como talas en altura, rozas ou tratamentos silvícolas”. Neste sentido, asegurou que son especialidades que “teñen demanda, cada vez é maior o número de particulares e tamén administracións que recorren a empresas externas para facer este tipo de traballos”.
Un punto no que insistiu o alcalde de Outes, Manuel González López, para quen “a silvicultura e os traballos forestais son un sector que ten un gran potencial” e sinalou aos presentes que, ademais de faceren prácticas en empresas da contorna, “hai unha oportunidade tanto para traballar por conta allea como para crear o voso negocio porque cada vez hai más demanda tanto de particulares como da administración”.
Obradoiro de Rianxo
Finalmente, Gonzalo Trenor aproveitou para poñer en valor “esta formación cerca das casas do alumnado”, salientando que a comarca conta con cinco obradoiros de emprego que supoñen un investimento de 2,3 millóns de euros para a formación dun total de 95 persoas.
Así mesmo, confirmou a realización do obradoiro de emprego de Rianxo, que inicialmente non fora aprobado.

O obradoiro de emprego “Noia-Lousame-Outes 2022” é unha iniciativa promovida polos Concellos de Noia, que se encargará da súa xestión, Lousame e Outes. Un programa mixto de emprego e formación que terá unha duración de 12 meses, cunha etapa de formación en alternancia co traballo ou a práctica profesional, dirixida á aprendizaxe, cualificación e adquisición de experiencia profesional de 20 persoas.
O alumnado recibirá formación teórica e práctica para o desempeño das tarefas de forestación e reforestación, así como para a realización de tratamentos silvícolas e a protección e defensa das masas forestais destes tres municipios. Así, en Lousame actuarán en parcelas nas localidades da Silva, San Finx, Redullo e San Xusto de Toxosoutos, así como na contorna do castro da Comparada e nas parcelas cedidas pola comunidade de montes de Abeixón-Carantoña.
No caso de Outes, as actuacións desenvolveranse ao longo do Camiño de Santiago ao seu paso polas parroquias de Cando, Freixo de Sabardes, Outes, Roo, San Cosme de Outeiro e San Ourente de Entíns. Finalmente, en Noia contémplanse intervencións no centro da vila (alameda, xardíns Felipe de Castro, praza das Angustias e praza do Campo da Feira), así como nos malecóns de Gasset, Cadarso e San Lázaro. O alumnado do obradoiro tamén actuará sobre as prazas de Bergondo, Sofreixos e San Lázaro, así como nas contornas dos locais sociais da Barquiña e Barro e contornas naturais coma o campo das Rodas, o Monte do Bolo ou a contorna da Chaínza.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Tomadura de pelo en prime time”. José Antonio Constenla

“Tomadura de pelo en prime time”. José Antonio Constenla

Hoy ha triunfado el amor, no podía ser de otra manera. Porque, ¿existe alguienque, al igual que Pedro Almodóvar, no haya llorado “como un niño” después deleer la carta a la ciudadanía o escuchar la intervención del presidente de ayer?A veces pienso que somos unos...

“Convulsión y especulaciones”. José Castro López

“Convulsión y especulaciones”. José Castro López

Convulsión en la sociedad después del retiro del presidente “al rincón del pensar ymuchas especulaciones. Unos dicen que los cinco días de “asuntos propios” son paravictimizarse y no dar explicaciones y otros señalan que, falto de cariño, buscó laadhesión de los suyos...