O Comité da Regata 50ª Aniversario do “Náutico de Riveira” logra arrincarlle ao vento un par de mangas

01 Outubro 2022
1ª xornada Regata 50ª Aniversario CND Riveira-Clasificatoria Optimist. foto Juan Caballero

Tras unha longa batalla co vento de máis de dúas horas, o Comité da Regata 50ª Aniversario do Club Náutico Deportivo de Riveira conseguiu validar dúas mangas a esta primeira xornada da regata clasificatoria de Optimist, que logrou reunir no Barbanza a máis de 150 nenas e nenos de toda Galicia, no que está a ser a primeira cita velística da tempada no calendario oficial da Real Federación Galega de Vela.
E é que o club de Riveira estivo planificando todo o que levamos de ano este gran evento. Non é para menos, @teniendo en cuenta que sopraron neste 2022 as 50 velas do seu primeiro medio século de vida.
Para José Luís Torres Colomer, presidente da entidade social e deportiva, “non hai mellor maneira de festexalo que coa #ver base, a de promoción, as nosas nenas e nenos que son garantía de futuro no deporte da vela”, explicaba.
Para iso, o club promove este evento cun dos seus grandes mecenas, Ramiro Carregal Rey, que lle dá nome e prestixio á súa Escola de Vela.
Sendo unha frota tan numerosa e seguindo o nivel de cada novo regatista, a frota dividiuse en dous grupos: Amarelo, os primeiros 57; e Azul, do 58 en diante, practicando senllas saídas individuais, aínda que navegando no mesmo campo de regatas e idéntico percorrido.

Arrinca con moi bo pé Fernando González do Castelo, do Real Club Náutico da Coruña, que se impuxo na primeira xornada, mandando na xeral. Séguelle na posto prata o vigués do Real Club Náutico, Paco Riveras, pechando o podio co bronce o local do Náutico de Riveira, Bruno Iglesias.
Durante a xornada dominical o Comité ten a intención de celebrar catro mangas, tres correspondentes ao segundo día do Trofeo Ramiro Carregal Rey, e unha pendente do sábado, para completar desta maneira o
programa deportivo.

1ª xornada Regata 50ª Aniversario CND Riveira-Clasificatoria Optimist. foto Juan Caballero

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.