En Noia a Corporación municipal aprobou no pleno ordinario de setembro sacar a licitación o Servizo de Axuda non Fogar

01 Outubro 2022

A Corporación municipal de Noia aprobou por unanimidade no pleno ordinario de setembro sacar a licitación o Servizo de Axuda non Fogar (SAF) do Concello de Noia (na modalidade de dependencia), cun contrato por un ano e prorrogable outro máis, por unha cantidade de 1.569.000 euros.
Na sesión tamén se aprobou por unanimidade a derrogación da Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola utilización do escudo municipal para que “aqueles carnés que hai que expedir para vos feirantes non teñan que pagala”, explicou o rexedor, quen indicou que “fomos derrogando nos últimos anos varias taxas en aras de facilitarlle a xestión aos veciños e a relación coa administración e, sobre todo, para o pleno de Noia aprobou o expediente de licitación do SAF diminuír custes e para facer máis áxil esas tramitacións”.
Tamén se aprobou desestimar o recurso presentado para o camiño en Vista Fermosa, quedando declarado como camiño público.
A Corporación aprobou unha proposta de incremento da bolsa de horas extras para reforzar a partida e satisfacer a prestación de determinados servizo e acordouse a adhesión ao acordo marco da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), para gañar unha maior operatividade a nivel contable.
Na sesión tamén tomou posesión o socialista Leandro Castor Fernández do posto que deixou vacante María Villaverde.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.