Caxoto estará este venres en Noia para mostrarnos a importancia da lectura e da reciclaxe

29 Setembro 2022

Cultura de Noia organiza nestes comezos do outono unha nova actividade de dinamización cultural para fomentar a lectura entre as novas xeracións. Trátase dunha cita co narrador Caxoto, que ten preparadas unha chea de anécdotas divertidas da súa experiencia como varredor municipal, e tamén recursos para aprender de forma didáctica a importancia da reciclaxe e como levala a cabo de maneira axeitada.

Datos que cómpre ter en conta

  • A Actividade será ás 18:00 horas do venres 30 de setembro no andar baixo do Edificio do Casino (a Biblioteca Municipal está alí provisionalmente por mor das obras na Casa da Cultura).
  • Vai destinada para nen@s de idades entre 4 a 7 anos.
  • Para anotarse, xa que as prazas son limitadas, terán que chamar de luns a venres ao 699301481.
  • Anotaranse un máximo de 2 nenos por adulto.
  • A duración estimada da actividade é de 60 minutos.

Outros artigos

O Noia Portus Apostoli, tricampión da Copa Galicia de fútbol sala

Tricampión de Galicia. O Noia Portus Apostoli volveu coroarse este 17 de maio, Día das Letras, como o auténtico rei de Galicia tras proclamarse campión da Copa Galicia por terceiro ano consecutivo. O bloque noiés, o noso único representante na máxima categoría do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O Barbanza: Cinco anos de xornalismo independente”

“O Barbanza: Cinco anos de xornalismo independente”

Hai cinco anos, en maio do 2019 nacía na súa edición dixital obarbanza.gal e uns días despois na de papel O Barbanza, sempre en galego e baixo a cobertura do Grupo Código Cero Comunicación. Dicíamos daquela que eramos un grupo de profesionais decididos a aventurarnos...