A función O traxe novo do rei, de Tarabelos, chega este xoves a Escarabote

27 Setembro 2022

O Centro Social de Escarabote (Boiro) acolle este xoves 29 de setembro a representación dun espectáculo para a rapazada: a función O traxe novo do Rei, contacontos da compañía Tarabelos para público infantil. Será a partir das 19.00 horas. A entrada será de balde. As reservas poden facerse no Centro Social de Escarabote ou no teléfono 981 84 99 50.

Sinopse

Os grandes protagonistas desta obra son sen dúbida un traxe especial e máis un rei especial. Aquel traxe novo e máxico prometía ser un capricho inigualable, e unha ferramenta perfecta para saber o nivel de intelixencia de calquera habitante da corte. Pero, podía ser certo?, funcionaría?. De algún xeito si, pero non coma el esperaba.

Espectáculo recomendado a partir dos 3 anos.

Duración: 50 minutos

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.