Boiro propón a execución dunha zona verde en A Negral que une o núcleo urbano coa praia

21 Setembro 2022

O Concello de Boiro propón para o seu debate e aprobación no vindeiro Pleno a dotación de crédito con cargo ao remanente de tesourería para a execución das obras de urbanización e realización dun parque urbano en A Negral. O alcalde, José Ramón Romero, o concelleiro de Turismo, Carlos Muñiz, e a concelleira de Deportes, Dores Torrado, visitaron esta mañá o espazo onde se proxectan as actuacións.
As obras que se pretenden realizar ascenden a un importe de 386.386,72 euros e teñen como obxectivo recuperar ambientalmente unha zona verde que conecta o núcleo urbano co paseo marítimo. “Trátase dun proxecto integral proxectado por diversas áreas municipais e que contempla zona verde, paseo, área recreativa e deportiva”, recoñeceu o alcalde, José Ramón Romero.
Ademais da recuperación da contorna e espazo natural, proxectase a mellora da accesibilidade coa execución de sendeiros e tamén a colocación de iluminación e mobiliario urbano, así como a instalación dunha zona recreativa e deportiva. “Vaise habilitar un espazo que completa as instalacións deportivas
de A Negral, un circuíto de bicicleta duns 800 metros cadrados, moi demandado polo club ciclista e as súas escolas deportivas para a iniciación”, afirmou a concelleira de Deportes.
O Concello de Boiro propón para o seu debate no vindeiro Pleno unha modificación de crédito para financiar este proxecto con cargo ao remanente de tesourería do ano 2021 por importe de 386.386,72 euros. “Isto vai contribuír ao pobo dun novo pulmón verde, dunha área de descanso e de ocio para a
veciñanza”, afirmou o concelleiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.