Xarope Tulú ofrecerá o seu espectáculo Corochas este venres 23 en Noia

19 Setembro 2022

A compañía de teatro Xarope Tulú estará en Noia vindeiro venres 23 de setembro para presentar Corochas, unha actividade para nenas e nenos de 0 a 3 anos.

Corochas é un espectáculo de pequeno formato que combina a narración oral, a manipulación de obxectos e  a música. A través do conto acumulativo, da canción e xogo de imitación convídase a unha viaxe por diversas paisaxes e a coñecer personaxes estrafalarias que deben resolver múltiples enredos.

Datos que cómpre saber

– A Actividade será ás 18:00 horas do venres 23 de setembro no andar baixo do Edificio do Casino (a biblioteca está alí de xeito provisional por mor das obras na Casa da Cultura).

– Para anotarse, xa que as prazas son limitadas, terán que chamar de luns a venres ao 699301481 de 08:30 a 14:30 horas.

– Anotaranse un máximo de 2 nenos por adulto.

– A duración estimada da actividade é de 35 minutos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...