O Concello de Boiro selecciona o persoal docente e directivo para o Obradoiro de Emprego en Xestión Forestal

15 Setembro 2022


O Concello de Boiro convocou un proceso selectivo para a selección do persoal docente e directivo do Obradoiro de Emprego en Xestión Forestal (o Obradoiro Torre Goiáns II – Boiro), que se vai desenvolver durante o curso 2022-2023. O prazo de presentación de solicitudes abre este venres 16 de setembro e será de cinco días naturais.

Vanse seleccionar cinco persoas: un director, un mestre para especialidade de aproveitamentos forestais, un mestre para a especialidade de repoboacións forestais e tratamentos silvícolas, un titor- mestre de educación básica e un técnico forestal.

As persoas aspirantes deben cumprir unha serie de requisitos básicos para acceder ao emprego público como “a nacionalidade, non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico que impida o desempeño das funcións do posto de traballo, non ter sido despedido mediante expediente disciplinario de ningunha administración pública e non incorrer en causas de incompatibilidade ou incapacidade”.

Ademais dos requisitos básicos, cada posto de traballo require unha titulación específica en función das tarefas específicas que se van desenvolver, así como estar en posesión da titulación de galego, experiencia mínima no posto de traballo ou permiso de conducir.

As bases, os modelos de instancia para solicitude e toda a información sobre o proceso están a disposición das persoas interesadas na web municipal, www.boiro.gal.

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.