“Néboa para se perder nos camiños”. Antón Luaces

15 Setembro 2022

Catro son as persoas detidas nas últimas semanas en Galicia pola súa presunta relación coa actividade incendiaria. É moi probable que sexa unha parte mínima dos implicados, por sí ou polo interese de segundas ou terceiras persoas, nesa actividade que tanto dano e tanta dor causan nos monte galegos e, de paso, nas vivendas e leiras da veciñanza á vez que nos traballadores cuxo labor primordial é  apagar as lapas que todo o devoran.

Todo ese dano causado vése incrementado estes días polo que deberá sen unha bendición para a terra: a auga que reduce a posibilidade de novos lumes forestais, que amplía o número de metros cúbicos de auga embalsada, a auga que combate a seca; mais, tamén, a auga que arrastra aos ríos e aos areais as cinzas de todo o que, durante este a piques de rematar verán de 2022, se queimou. Cinzas que, como néboa nos camiños, mata nos criadoiros das rías a ameixa, berberecho, zamburiña, navalla, etc., que permiten a pervivencia de numerosas familias mariñeiras desa Galicia que rexeita o lume provocado por aqueles que nada perden cando premen o chisqueiro ou deixan na veira dun camiño ou unha estrada un aparello incendiario que levantará lapas de trinta ou máis metros que se irán estendendo hectáreas e máis hectáreas ata acabar coa obra iniciada hai ducias de anos para repoboar montes nos que só o toxo era materia de valor, amáis de o ser a herba que o gando libre aproveitaba para o ser máis aínda.

Benvida, auga. Pero que non incremente o mal ocasionado xa polo lume. Benvido, sol, pero non estrague máis o que xa está estragado. Que os mariscadores aproveiten o pouco que nos bancais queda após a praga de furtivos que, con pás e cubos de plástico, apañaron “inocentemente” o que sementaron as mans de homes e mulleres -especialmente estas-  con toda a esperanza posta no futuro inmediato tantas veces truncado polo lume provocado.

Non  nos perdamos nos camiños nevoentos que conducen a ningures.

Outros artigos

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

+

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos...

+

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.