Nova xornada de portas abertas no Centro de Día da Pobra

14 Setembro 2022

A concelleira dos Servizos Sociais da Pobra do Caramiñal, Amparo Cerecedo (BNG), visitou neste 14 de setembro o Centro de Día da localidade con motivo da xornada de portas abertas que organizan periodicamente.

Acompañada da directora da instalación, Fátima Sendón, tamén tivo ocasión de coñecer de primeira man unha exposición que xira arredor do libro Antiga dorna polbeira de Castiñeiras, escrito hai máis dunha década por Juan Pérez Martínez, Xandomar, quen é usuario do centro. Na obra relata a arte da pesca, así como as súas vivencias e coñecementos dende que comezou a ir ao mar con 7 anos.

Ademais do volume, a mostra consta dunha maqueta da dorna en que pescaba e diversas reproducións de aparellos elaborados polas persoas usuarias no taller de ergoterapia: francada, poutada, remos, ronca para cravar congros, gradella con chumbada das fanecas e vela de relinga trapezoidal.

A edil puxo en valor este tipo de iniciativas coas cales “achegarnos á memoria dos avós”, ademais de resaltar o labor do equipo de profesionais no coidado das nosas persoas maiores.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.