“9 de setembro” – Xulio Xiz

13 Setembro 2022

Este nove de setembro angurióuseme a alma ao decatarme que ese día facía sete décadas da morte de meu pai, José Antonio Giz, cando eu tiña cinco anos.

Poden os aniversarios ser só cifras que alteran as conciencias e fan revivir feitos esenciais da vida. A min, na nenez vilalbesa, o 9 de setembro de 1952 fendeume a alma, converteume nun neno triste e logo nun adulto tan relativista nos entusiasmos como nos fracasos, de maneira que a mellor noticia déixame frío un anaco vital, e a peor mantén un sopro de esperanza na loita interminable.

Meu pai morreu aos 39 anos. Seu pai tamén morrera moi novo. Velaquí a familia en vilo cando cheguei a esa idade por se a fatalidade se cumpría. E cando o meu fillo chegou a esa idade. Ao meu neto máis vello fáltalle case un cuarto de século, así que non creo que chegue a vivir para preocuparme.

O que hai que dicir é que meu pai morreu porque un médico militar chamado Justo (paradoxas da vida) non soubo diagnosticar unha peritonite xulgando que eran cóxegas. Menos mal que non o puxo a facer instrución para quitarllas.

“Estaba de Dios que morrera novo”, dicían as nosas xentes co natural fatalismo da raza. Deus non o levou á guerra, que foron homes. Deus non o volveu á casa falto de forzas e sobrado de entusiasmos. Se isto fose cousa de Deus, eu volveríalle as costas.

O caso é que un nove de setembro, recén rematadas as festas vilalbesas, meu pai morreu por abandono dun brutallán que a saber como conseguiu titularse. Fiquei mancado para sempre. Dixo Manuel María que “o home da Terra Chá ten a alma mancada”, e eu creo no Manuel (Adeus, Saleta!) moito máis ca noutras moitas cousas.

Outros artigos

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.