“Quen non entra no mar non pode afogar”. Antón Luaces

12 Setembro 2022

Evidentemente. E sei -seguro que todos sabemos- de xente de mar que, ao contrario,  non afogou malia ter naufragado tres ou catro veces na súa vida laboral.

Sábese ben na comarca do Barbanza, terra de mariñeiros que deixaron loito permanente nas mulleres deste territorio de sempre apegado ao mar. Hoxendía perdéuse esa especie de hábito: así como os homes levaban un brazal negro durante unha tempada cando falecía algún familiar como signo externo de dor pola perda, sempre foi a muller -xa dende nena- a que asumía a responsabilidade de, durante anos (ás veces durante toda a vida), amosar á familia, amizades e concidadáns,  ese respecto e recoñecemento da vida perdida. Xa non digamos se o corpo do mariñeiro non era recuperado: daquela o loito non se daba quitado por parte da nai ou a viuva do finado.

Sair á rúa en poboacións como Porto do Son, Portosín, A Pobra, Boiro, Cabo da Cruz, Escarabote, Aguiño, Castiñeiras, Palmeira, Ribeira, etc., era encher os ollos de loito, de negro, cor que contrastaba enormemente co das fachadas das casas, que ía do verde ao vermello pasando pola ampla gama de azuis e, obviamente, o branco, se ben ás veces tamén aquelas casas unifamiliares tinguían de negro os seus muros tal vez nun intento de limitar os efecto das humidades. Outras paredes exteriores desas casas recubríanse coas cunchas planas das vieiras, que viña ser un seguro antihumidade perfecto.

Sexa o que for, e por moito que o loito fale de dor, coido que non hai pobos máis coloridos  que aqueles nos que viven familias pescadoras. Para algúns, sinal identificativa precisamente desa condición, porque en moitos casos,  disque, a cor dos muros exteriores das casas era a mesma da que pintaba o barco do seu propietario.

Ese dito que se cita no titular (“Quen non entra no mar no  pode afogar”) é moi certo. Agás que se afogue nun río, nunha poza ou semellante. Pero afogar ou morrer afogado sempre tivo coma referente o mar. E quen non vai ao mar, malamente pode afogar.

Dores e cores marcan as vidas dos homes e mulleres da Galicia mariñeira- O mesmo acontece a bordo dunha embarcación. Mudaron, en boa hora, os loitos, especialmente aqueles con marchamo de eternidade, e as rúas dos pobos, das vilas, das cidades están actualmente tan cheas de cor que para nada envexan as vellas casas mariñeiras multicores dun só andar ou, simplemente, baixa.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...