Dodro achega un completo programa de actividades nas súas Escolas Deportivas Municipais

11 Setembro 2022

O Concello de Dodro presentou o curso 2022/2023 das Escolas Deportivas Municipais. O inicio está fixado para o luns 3 de outubro e as inscricións xa se poden formalizar a partir deste martes 13 de setembro. O Goberno local achega un completo programa de actividades para a rapazada (psicomotricidade, multideporte, patinaxe, baile deportivo, fútbol, judo) e para adultos (ximnasia de mantemento, zumba, pilates e jumping fitness). Tamén haberá propostas para maiores de 65 anos (psicomotricidade e tonificación).

Para resolver calquera dúbida cómpre contactar co Departamento de Deportes no 981802532, no enderezo de correo electrónico deportes@dodro.gal ou na oficina sita no Pavillón Polideportivo Municipal.

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...