Manuel Gago Pérez rememora no seu último libro a historia da pasaxe na ría da Arousa

10 Setembro 2022

O papel das embarcacións no movemento socioeconómico entre as dúas bandas da ría da Arousa entre finais do século XIX ata mediados do XX centra o último libro de Manuel Gago Pérez, titulado Galeóns, vapores e motoras, que se presentou na tarde deste 9 de setembro no Auditorio do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, xunto co historiador César Alonso.
No acto tamén participou a concelleira da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG- PSOE), quen puxo en valor o labor de investigación efectuado por Gago Pérez para achegar ao público parte da historia dos municipios da contorna e outro cariz do vínculo co mar nunha época de fortes conexións entre ámbalas marxes arousás, principalmente, por cuestións comerciais e laborais; unha relación que permanece resgardada nas lembranzas de moita veciñanza e que as xeracións máis novas poden sospeitar pola
transmisión oral e fondos documentais e fotográficos.
Con respecto a isto, a edil indicou que unha das primeiras liñas en poñerse en marcha foi A Pobra do Caramiñal – Vilagarcía da Arousa, que posteriormente se replicou no litoral circundante, contribuíndo ao
crecemento das dúas beiras da ría.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.