O 16 de setembro regresa a Milla Urbana Nocturna á Pobra

06 Setembro 2022

A Pobra do Caramiñal acolle este mes a celebración da a LXI Milla Urbana Nocturna, que se desenvolverá no 16 de setembro, coa saída e a meta fronte ós Xardíns de Valle-Inclán. Organizado pola Concellaría dos Deportes, da cal é titular a edil Genoveva Hermo (Nós Pobra), e a Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza, coa colaboración da Protección Civil, o evento arrancará pouco antes das 22.00 horas para concluír preto da medianoite.

As modalidades participantes abranguen dende a sub-6 ata a máster. Entregaranse trofeos ás/ós tres primeiras/os clasificadas/os por categoría e medallas ás persoas que compitan na sub-6 e sub-8. Outorgaranse, ademais, premios económicos ós tres mellores tempos das distintas carreiras: 150 euros ó primeiro posto, 100 ó segundo e 50 ó terceiro.

As inscricións formalizaranse na Oficina dos Deportes do Concello, situada na Casa da Cultura e Xuventude Raquel Fernández Soler, en horario de 09.30 a 14.30 horas, cos teléfonos de contacto 981831545 e 619229946.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...