Dodro organiza unha “mesa do monte” que terá lugar o vindeiro día 7 no Salón de Plenos do Concello

05 Setembro 2022

O obxetivo é reunir distintas sensibilidades, organismos, e tamén por suposto distintos intereses na procura de un mellor aproveitamento do monte galego,  mais concretamente do monte do Concello de Dodro, e por suposto tamen por extensión do monte galego

Actuarán de moderadores da mesa, o alcalde do Concello de Dodro,  D. Xabier Castro Tourís, o Inxeñeiro de Montes Sr. Saúl De la Peña Lastra;  e teñen comprometida a súa asistencia; o Sr.  Daniel Rodríguez Cebreiro, responsable económico da Asociación Forestal de Galicia; Os presidentes das dúas comunidades de Montes Veciñais en Man Común do Concello de Dodro a  da Cruz do Avelán, e da comunidade  Balouta e Fontecova; o Sr.  José Ramón Janeiro Gil, representante do Instituto Galego das Terras Comunitarias; pola xunta de Galicia  D. Jose Manuel Santos Maneiro, Xefe Territorial da Coruña; D. Santiago Barros Maneiro, Xefe Provincial do Servizo de Montes da Coruña.

Tamen foron invitados representantes de distintas empresas do sector forestal,  madeireiras, como de xestión dos montes, e outras que representas novas oportunidades de aproveitamento como son productos secundarios,  resina: Sinergias Sostenibles Resiforest S.L; outras  COMUNIDADES MVMC onde xa se aplican outras alternativas exemplares (gandeiría, mel, etc), coma a de Baroña no concello veciño do Porto do Son.

Outros artigos

En Ribeira a rapazada de Banda ó Río estrea un novo parque infantil

O barrio ribeirense de Banda ó Río estrea hoxe un parque infantil completamente renovado. O goberno local, xunto cun bo número de veciños e veciñas, puideron comprobar as novas instalacións de xogo. O investimento para actualizar o Parque de Pedra Pateira ascendeu a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O Barbanza: Cinco anos de xornalismo independente”

“O Barbanza: Cinco anos de xornalismo independente”

Hai cinco anos, en maio do 2019 nacía na súa edición dixital obarbanza.gal e uns días despois na de papel O Barbanza, sempre en galego e baixo a cobertura do Grupo Código Cero Comunicación. Dicíamos daquela que eramos un grupo de profesionais decididos a aventurarnos...