Na Pobra determinados os vídeos gañadores da segunda edición do concurso Galeguizando TikTok

02 Setembro 2022

O xurado do concurso Galeguizando TikTok reuniuse na tarde do día 31 de agosto para selecciona-los vídeos gañadores da segunda edición desta proposta enmarcada na programación impulsada para festexa-lo 25 de xullo, Día da Patria Galega, dende a Concellaría da Normalización Lingüística da Pobra
do Caramiñal, da cal é titular o edil Xabier Santos (BNG).
Os premios consisten nun lote de produtos culturais galegos e establécense un total de 3 distincións valoradas en 100 euros cada unha.
O xurado ditaminou que a distinción ‘ao máis orixinal’ correspóndese a Cristina Torres Otero; ‘ao máis creativo’, a Alicia Miguéns Vila; e ‘ao máis divertido’ quedou sen adxudicar.
As pezas audiovisuais presentadas debían estar en galego, ter como temática o Día da Patria Galega e segui-lo formato da app TikTok.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.