En Lousame unha persoa ferida de gravidade tras o envorco dun tractor en Cabalariza

02 Setembro 2022

Un helicóptero medicalizado co seu equipo médico a bordo trasladou ao ferido ata o Hospital Clínico Universitario de Santiago.

Unha persoa particular contactou co 112 Galicia, pasados dez minutos das catro e media desta tarde, para informar dunha persoa ferida debido a que envorcara o tractor que manexaba nese intre. O alertante aseguraba que o vehículo non impedía acceder ao home para a súa evacuación pero que era necesaria a asistencia médica.

Sucedeu nunha finca situada no lugar de Cabalariza, en Fruíme, no concello coruñés de Lousame.

Tras pasar aviso de inmediato ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizaron a aeronave con base en Santiago, os xestores do 112 Galicia tamén puxeron os feitos en coñecemento da Garda Civil, dos Bombeiros de Boiro, do GES de Noia e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.

Con todo, unha vez no punto, os membros do GES indicaron que o ferido foi evacuado nunha padiola ata o lugar exacto onde aterrou o helicóptero, que o derivou ao centro hospitalario.


Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.