Nace o primeiro Trofeo Alevín de fútbol 8 da Deputación da Coruña

31 Agosto 2022

Disputarase do 16 ao 18 de setembro en Santiago de Compostela e competirán os 36 mellores equipos da provincia Haberá actividades paralelas de ocio que impulsarán a participación e a socialización A Coruña, 31 de agosto de 2022. A Deputación da Coruña organiza en Santiago, o 16, 17 e 18 de setembro, o primeiro Torneo Alevín F-8 Deputación da Coruña, unha competición na que participarán os mellores conxuntos da categoría nunhas xornadas festivas.
Este torneo, a disputar na volta aos adestramentos dos equipos de categorías inferiores de toda Galicia, nace co obxectivo de impulsar a participación e a socialización entre os distintos clubs participantes, así como continuar coa labor de xerar adhesión á práctica deportiva por parte dos mozos, todo iso, nun ambiente lúdico que contará con actividades de lecer paralelas.
O torneo celebrarase en formato de Fútbol-8 mixto para categoría alevín (nados nos anos 2009 e 2010). Na cita participarán un total de 36 equipos da provincia, que se convidarán por orde de clasificación das ligas organizadas pola Federación Galega de Fútbol a tempada pasada.
Sistema de competición
O sistema de competición terá unha liguiña inicial de catro equipos por grupo e posteriormente eliminatorias divididas entre cadro principal e cadro secundario, en función da clasificación conseguida. Os dous primeiros pasarán á disputa das eliminatorias na parte principal do cadro e os terceiros e cuartos
clasificados pasarán á parte secundaria do mesmo, co obxectivo de que todos os equipos disputen o mesmo número de encontros.
As inscricións xa están abertas a través da páxina web da SD Compostela ata completar a cota de 36 equipos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“25 abril III. Santarém”. Manuel Dominguez

“25 abril III. Santarém”. Manuel Dominguez

Saímos de Lisboa e rumamos para o berço, a fonte, onde o destino fez chegar aqui onde a memória está presente. “Meus senhores, como todos sabemos, existem diferentes tipos de Estado. Os estados socialistas, os estados capitalistas e o estado a que nos referimos....

“Rebélate, pois, se tés vontade. Fala, sente”. Antón Luaces

“Rebélate, pois, se tés vontade. Fala, sente”. Antón Luaces

A frase non é -que máis quixera!- da miña autoría. Pertence ao escritor monfortino Lois Diéguez, quen na contracuberta da súa obra "As voces amadas" (publicada o ano pasado) dí: "... eu non son así, eu non son un móbil nin máquina ningunha. Rebélate, pois, se tes...