Servizos Sociais de Dodro remata agosto con novas charlas de saúde e coidados para os maiores

29 Agosto 2022

O Concello de Dodro informou de que grazas ao Fondo de Recuperación da UE (Next Generation) para facer fronte ás consecuencias da COVID, coordinado localmente dende Servizos Sociais e Benestar de Dodro, celebrarase unha actividade do programa Coidados porta a porta, centrado en levar servizos asistenciais ás persoas maiores do rural para a prevención da dependencia e o fomento da autonomía persoal e a calidade de vida.

Achegaranse recursos prácticos sobre podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria. Celebraranse varias charlas: unha na Casa da Cultura o 30 de agosto a partir das 11.00 e tres sesións máis no Polideportivo da Paxareira (unidade móbil adaptada) os días 30 e 31 de agosto e 1 de setembro, de 9.00 a 20.00 horas. Para máis información cómpre chamar aos teléfonos 622 748 283 e 623 546 992.

Outros artigos

O Consello de Contas outorga unha nota alta a Dodro

O pleno de setembro en Dodro aprobou distintos asuntos de importancia como convenios de colaboración cos concellos veciños, o POS adicional 2 da Deputación ou o informe fiscalizador do Consello de Contas. O Consello de Contas, na reunión do pasado 29 de xullo, emitiu...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.