Galicia mantense nunha zona de transición entre o anticiclón situado ao norte e a baixa térmica da península. Así, agárdase ceos pouco nubrados ou despexados, entrando nubes de tipo alto polo oeste a partir do mediodía. As temperaturas non experimentarán cambios ou as máximas un lixeiro ascenso. Os ventos soprarán do nordés, frouxos pola mañá, aumentando a moderados pola tarde, fortes entre Bares e Fisterra.
Temperatura do aire (°C)
MINMAX 19° 32°
Temperatura da auga (°C)
14°
Índice ultravioleta máx.
6
meteogalicia
O NOSO MAR: Vento do nordés á mañá, do noroeste á tarde e variable á noite, forza 2 a 4 á mañá, 1 a 3 á tarde e 1 a 2 á noite. Marusía á mañá, mar ovellado á tarde e mar rizado á noite. Visibilidade boa á mañá e á tarde e regular á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1.5 metros.
Santiago e a comarca das Rías Baixas vivirán este domingo 18, San Lucas, unha xornada de ceos despexados, con entrada de nubes altas pola tarde e sen risco de choiva, aínda que marcada por un cambio no termómetro. As temperaturas sufrirán un descenso xeral que se...
As Rías Baixas e a comarca de Santiago vivirán este sábado 17, unha xornada de transición meteorolóxica, caracterizada polo protagonismo do vento do nordés e unha caída acusada dos termómetros nas horas centrais do día. Mentres o interior de Galicia —especialmente as...
Este venres 16, Santa Margarida, comezará con bancos de néboa en zonas do interior, ceos cubertos por nubes baixas na franxa norte de Galicia e nubes altas no resto do territorio. A medida que avance a xornada, a nubosidade irá a máis en toda a xeografía galega, dando...
A xornada deste xoves 15, Santa Tereixa, comezará con bancos de néboa e brétemas costeiras que darán paso a ceos despexados, con ventos do norte-noroeste e un lixeiro descenso nas temperaturas máximas. A influencia das altas presións continuará marcando a estabilidade...
Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...
O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...