“Un tratado gobal dos océanos para rematar coa pesca ilegal”. Antón Luaces

23 Agosto 2022

Este venres, 26 de agosto, rematarán as negociacións do Tratado dos Océanos ou BBNJ (Biodiversidade Mariña en áreas máis aló da xurisdición nacional), cumio que comezou o pasado 15 de agosto.

Chegados a este momento, as ONG integradas na High Seas Alliance (HSA) dirixiron á ONU unha nova mensaxe na que piden “urxencia e ambición” para acadar un acordo “sólido” lembrando que a proteción  de dous terzos do océano, é dicir as áreas internacionais, están en xogo.

A Alianza informa que varios Estados están comprometidos públicamente a lograr un Tratado ambicioso que non se reflicta plenamente na sala de negociación formal. Confían en que a UE, Reino Unido e ERstados Unidos, “defensores públicos do océano” lideren a negociación e leven o acordo a bo porto. Estes Estados apoian “algunas posicións progresistas” nl mafdco da negociaciòn do Tratado, en contraste con outras potencias que se manteñen en posicións “que non darán lugar á transformación que se necesita para transformar un océano san e produtivo  para AS XERACIÓNS ACTUAIS E FUTURAS”. Outras partes presionan para acadar un resultado significativo, como a Comunidsde do Caribe,os Pequenos Estados Insulares en Desenvolvemento do Pacífico, Nova Zelanda, Costa Rica e Mónaco.

O obxectivo do acordo ou tratado é asegurar a conservación e uso sustentable da diversidade biolóxica mariña en zonas situadas fora da xurisdición nacional. En materia de conservación o texto formula a aplicación de mecanismos de xestión por áreas, incluidas as áreas  mariñas protexidas, e outras medidas.

O Tratado Global dos Océanos tenta ser unha Constitución para os mares dado que estes, na súa meirande parte, son un territorio sen lei; o 64% das augas oceánicas están fora dos límites xurisdicionais  dalgún Estado. Desde posicións ecoloxistas, reclámase a aprobación dun Tratado Global  dos Océanos consecuente para frear as alarmantes cifras de perda de biosiversidade.

Compre lembrar que o buque “Thunder” (vinculado a un coñecido armador de Ribeira) desapareceu no mar ás 6,39 horas do 6 de abril de 2015 a escasas millas da costa de Santo Tomé e Príncipe. Foi o remate dunha histórica persecución de 110 días e 18.000 quilómetgros, desde a Índico ao Golfo de Guinea.

As sentenzas xudiciais posteriores estableceron penas de entre 32 e 36 meses de prisión e 15 millóns de euros por falsificación, contaminación e daño ao medio ambiente, que se impuxeron ao capitán chileno do “Thunder”, e aos galegos Agustín Dosil Rey, xefe de máquinas, e Luis Miguel Pérez Fernández, segundo mecánico. O capitán, Alfonso Rubio Cataldo, foi quen decidiu afundir o barco para agochar as probas do delicto. Sobre o “Thunder” pesa un historial de actividades delictivas desenvolvidas durante unha década. Estaba especializado en pesca furtiva e venda no mercado negro de pescada negra.

Outros artigos

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

+

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

+

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

+

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.