O Son acolle en setembro un curso sobre normas de actuación ante crises alérxicas ou diabéticas

24 Agosto 2022

O Concello de Porto do Son, en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns (dependente da Consellería de Sanidade), organiza este mes de setembro un curso sobre medidas de actuación situación de crises alérxicas, comiciais e diabéticas.

A actividade, de catro horas de duración, será de balde e estará dirixida a persoal docente, monitorado, familias e cidadanía en xeral. Os contidos serán impartidos por Carlos Prados Sande, enfermeiro do 061. O horario será de 16.00 a 20.00 horas. Haberá prazas limitadas. As persoas interesadas en participar no curso deberán enviar os seus datos á conta jose.pazo@portodoson.gal.

Outros artigos

O 20 de xuño celébrase a II Andaina Nocturna de Nebra

Volve a Andaina Nocturna de Nebra, logo de éxito de participación do ano pasado, e faino cunha segunda edición programada para o sábado 20 de xuño a partir das 22.00 horas (recepción) na Casa Veciñal de Nebra (campo da festa) e cun prezo de oito euros de inscrición....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...