Noia celebra con Baiuca, Nacha Pop, Luar na Lubre, Gisela e Ana Guerra as festas de San Bartolomeu

23 Agosto 2022

Este martes 23 de Agosto comezaron as festas en honra a San Bartolomeu no municipio de Noia coa tirada de bombas de palenque seguido de dianas e alboradas a cargo do grupo Cherumia.

Ás 20.00 horas procedese á lectura do pregón a cargo de Emilio Insua e Juan Carlos Oviedo e ás 22.30 horas comezará a verbena na Alameda a cargo da orquestra París de Noia. Ás 23.00 horas a Praza do Tapal acollerá o concerto de Baiuca e Boyanka Kostova.

Mércores 24, ás 10.00 horas bombas de palenque e alboradas a cargo da Banda de Música de Noia. Ás 12.30 horas espectáculo de teatro infantil Cantaxoga e á mesma hora sairá o pasacalles da Banda Municipal de Música de Noia acompañada polos Cabezudos.

Pola tarde, a partir das 17.00 horas, os máis pequenos da casa poderán gozar con inchables e ás 19.30 horas oficiarase a misa solemne en honra a San Bartolomeu con procesión. Ás 20.00 horas disputarase o I Trofeo San Bartolomé CF Noia – Flavia SD e ás 21.30 horas comezará a verbena a cargo do grupo Claxon e a orquestra New York. Ás 23.00 horas os asistentes gozarán co concerto de Nacha Pop.

Xoves 25, o día de festa comeza con bombas de palenque e dianas a cargo da Banda de Música de Lousame, ás 12.00 horas comezará o Concurso de Pesca Infantil “Náutica Andrade” e á mesma hora os máis pequenos poderán gozar con inchables. Ás 13.00 horas a Banda de Música de Lousame ofrecerá un concerto.

A partir das 17.00 horas os máis pequenos gozarán con inchables na Alameda e ás 19.00 horas celebrarase o Triangular Memorial Ricardo e a foliada popular. A partir das 22.30 horas a orquestra A Oca Band será a encargada de amenizar a verbena na Alameda e Luar na Lubre ofrecerá un concerto na Praza do Tapal.

Venres 26, ás 10.00 horas bombas de palenque e dianas a cargo da Banda Municipal de Música de Noia. Ás 11.30 horas comezará o teatro musical infantil Canta Música e ás 12.30 horas terá lugar a exhibición de taekwondo. A Banda Municipal de Música de Noia ofrecerá un concerto, a partir das 13.00 horas, na Alameda.

Pola tarde, ás 19.30 horas, oficiarase a misa solemne en honra a San Roque, seguida da procesión que irá acompañada pola Banda Municipal de Música de Noia. Ás 22.30 horas a Alameda acollerá a verbena a cargo da orquestra Olympus e ás 23.00 horas, na Praza do Tapal, concerto de Marlon.

Sábado 27, esta xornada festiva comezará coas bombas de palenque e as dianas e alboradas a cargo do grupo Vos Salgueritos. Ao longo da mañá tamén haberá inchables na Alameda para o goce dos máis pequenos. Ás 13.00 horas actuación de Sariela Camargo na Praza da Constitución.

Ás 18.00 horas celebrarase o Día dá Bicicleta no Malecón de San Lázaro e pola noite, a partir das 21.30 horas, a Alameda acollerá os concertos de Gisela Disney Kids, Ana Guerra, Dasoul e Sesión Dj.

Domingo 28, a última xornada festiva comezará coa tirada de bombas de palenque e as alboradas a cargo do grupo Vos Salgueritos. Ás 13.00 horas dará inicio a Festa dá Empanada na Praza da Constitución.
Chegada a noite, a partir das 21.45 horas, comezará a verbena a cargo da orquestra Fania Branco Show e á Praza do Tapal acollerá os concertos de Sés e Tito Rober. A medianoite, gran sesión de fogos de artificio para poñer o broche final a estas festas.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.