Os socialistas de Ribeira solicitan a limpeza dos sumidoiros na praza de España

04 Novembro 2019
Cedida por PSdeG-PSOE de Ribeira

O grupo municipal do PSdeG-PSOE ribeirense levará a pleno un rogo relativo ao atasco na rede de sumidoiros da praza de España, o cal provoca charcas de auga en días de chuvia.

Os socialistas manifestan o 23 de abril de 2018 presentaron un rogo no que se recollía que esta situación dificultaba o tránsito das persoas polo citado emprazamento da cidade de Ribeira, sostendo que “o problema radica na falta de limpeza dos sumidoiros, dous en concreto, que non cumplen coa súa misión, ao encontrarse obstruídos.”

Tamén engadían que “provoca as molestias dos veciños que pasan polo lugar, e evidencia a falta de mantemento por parte da empresa concesionaria do servizo; quizás por desidia, indiferencia, ou por falta de previsión nas cláusulas do convenio suscrito.”

Desde o partido indican que esta situación continúa sen resolverse na actualidade, “provocando ao anoitecer molladuras de pés inesperadas e innecesarias.”

Por todo isto, a formación solicita que o alcalde ou a persoa encargada desta área “faga as xestións oportunas para habilitar en bo uso estes sumidoiros da praza de España.”

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.