Dúas persoas resultan feridas despois dunha colisión entre unha moto e un turismo na AC-550, en Noia

20 Agosto 2022

Dúas persoas resultaron feridas de diversa consideración tras producirse unha colisión entre unha moto e un turismo á altura do punto quilométrico 71 da AC-550.

Ambas foron trasladadas ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago. Unha delas a bordo dun helicóptero medicalizado, mentres que a outra foi evacuada en ambulancia.

A alerta sobre este accidente activouse no 112 Galicia ás 18:15 horas a través dunha persoa particular. No seu relato, solicitaba asistencia médica para o condutor da moto, que resultara inconsciente tras impactar contra un turismo no cruce entre a AC-550 e a DP-5704, ao seu paso pola localidade da Barquiña.

Sen embargo, unha vez que os equipos de intervención chegaron ao lugar, confirmaron ao 112 que un total de dúas persoas resultaron feridas como consecuencia do impacto entre os vehículos.

Nada máis ter constancia dos feitos, os xestores do 112 pasaron aviso aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que informaron da mobilización do helicóptero medicalizado con base en Santiago para axilizar o traslado dos implicados. A aeronave tomou terra no lugar dos feitos poucos minutos despois.

Ademais do equipo médico, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitouse a intervención dos Bombeiros de Boiro, dos membros do GES de Noia, dos axentes da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local, dos membros de Protección Civil da localidade e do servizo de mantemento da estrada.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.