Feijóo visita Porto do Son para coñecer a situación de comerciantes e hostaleiros

18 Agosto 2022

O presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo, visitou este xoves Porto do Son onde dou un paseo para “coñecer de primeira man a situación actual de comerciantes e hostaleiros”. Núñez Feijóo estivo acompañado pola secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, e o alcalde da localidade, Luís Oujo.
Alberto Núñez Feijóo, á localidade de Porto do Son (A Coruña), onde aproveitou para poñer o foco na situación do sector pesqueiro e demandar a adopción de medidas, como a “recomposición” das cotas.

Feijóo chegou a Porto do Son onde deu un paseo polos locais hostaleiros máis próximos ao porto e aproveitou para visitar a praza de abastos. Ao seu paso, foron moitos os veciños e turistas que se achegaron para saudalo e sacar algunha que outra foto con el.

Coincidindo coa visita do líder nacional popular, Porto do Son celebra a feira de oportunidades, na que se venden produtos de diversa índole, artesanía ou embutidos, entre outros, e alí Feijóo animou aos presentes en “comprar de todo”.

En declaracións ós medios o presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo, afirmou hoxe que non coñecía o documento que asinou a anterior dirección do PP co Goberno sobre a renovación do Consello Xeral do Poder Xudicial. Feijóo dixo que o ministro de Presidencia, Félix Bolaños, ameazou con filtrar o documento se non chegaban a un acordo para a renovación do órgano de goberno dos xuíces. 

Dende o Executivo central, a ministra de Política Territorial e voceira do Goberno, Isabel Rodríguez, pediulle ao líder dos populares que non busque “máis escusas” para renovar o Consello Xeral do Poder Xudicial.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.