Persoas usuarias do CAD da Pobra fórmanse en seguridade viaria coa Policía Local

17 Agosto 2022

Axentes da Policía Local da Pobra do Caramiñal realizaron na pasada semana unha nova sesión de seguridade viaria, nesta ocasión dirixida ás persoas usuarias do CAD (Centro Integral de Atención á Discapacidade).

A este respecto, o concelleiro da Seguridade, José Andrés Lojo (Nós Pobra), e o xefe do corpo, José Manuel Cameán, manifestan que lles explicaron nocións básicas de seguridade viaria co apoio de material, cun compoñente lúdico, cedido pola Dirección Xeral de Tráfico (DXT), ademais de trasladarlles información sobre o equipo humano e material co cal conta o corpo policial.

Trátase dunha acción que se valora expandir para continuar achegando o labor das e dos axentes.

Outros artigos

O filme Salvaxe, Salvaxe proxéctase o 16 de outubro na Pobra

O vindeiro venres 16 de outubro, o Cine Elma da Poboa do Caramiñal acolle a proxección de Salvaxe, salvaxe, película incluída na programación contratada pola Deputación da Coruña dentro do seu compromiso co impulso da cultura e co acceso á actividade cultural nos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.