Despois do paso da fronte fría durante a madrugada, o martes irá entrando o aire frío asociado e polo tanto quedaremos cunha xornada de inestabilidade e chuvascos.
O ceo estará parcialmente cuberto con chuvias probables en calquera punto de Galicia. As temperaturas mínimas non terán cambios significativos e as máximas sufrirán un moderado descenso, Máximas 22 graos. O vento soprará do noroeste, con intervalos fortes entre Ortegal e Estaca de Bares.
| Temperatura do aire (°C) | MINMAX 18° 22° |
| Temperatura da auga (°C) | 17° |
| Índice ultravioleta máx. | 6 |

O NOSO MAR: Vento do noroeste, forza 3 a 4 á mañá e á noite e 4 a 5 á tarde. Marusía á mañá e á noite e forte marusía á tarde. Visibilidade regular. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 2 metros á mañá, 2 a 3 metros á tarde e 2.5 a 3.5 metros á noite.
Mareas
| Muros | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Baixamar | 01:39 | 0.5 m |
| Preamar | 07:52 | 3.5 m |
| Baixamar | 13:50 | 0.7 m |
| Preamar | 20:10 | 3.7 m |
| Vigo | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Baixamar | 01:32 | 0.6 m |
| Preamar | 07:44 | 3.4 m |
| Baixamar | 13:44 | 0.8 m |
| Preamar | 20:03 | 3.6 m |
| Vilagarcía | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Baixamar | 01:37 | 0.5 m |
| Preamar | 07:48 | 3.5 m |
| Baixamar | 13:48 | 0.7 m |
| Preamar | 20:07 | 3.6 m |
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)



