A Asociación Amicos súmase á celebración do Samaín

31 Outubro 2019
Cedida por Asociación Amicos

Como cada 31 de outubro, usuarios e familias da Asociación Amicos realizan unha xuntanza diferente coa que compartir festexos tradicionais. Así, no días de hoxe contaron con talleres de disfraces -bruxas, pallasos diabólicos, esqueletos e joker-; obradoiros de repostería monstruosa -con fresas fantasmabólicas, galletas monstruítos e dedos cortados-; así como baile e diversión. Ademais, un grupo de zombies invadiu os escenarios e as aulas ao ritmo de Thriller, contaxiando cos seus movementos aos alí presentes.

Tamén houbo concurso de cabazas, onde os participantes tiveron de demostrar as súas destrezas e creatividade. O xurado composto por Gabriel, Marina e Javier ditaminou os tres gañadores: Ricardo, Cristian e Roberto, quen é o segundo ano consecutivo que logra este galardón.

A xornada rematou con karaoke e baile, tras desfrutar das chulas de cabaza, sobremesa tradicional elaborada polas cociñeiras do centro.

Cedida por Asociación Amicos

A Asociación Amicos, que atende a persoas con discapacidade intelectual , autismo e parálise cerebral e ás súas familias, organiza periodicamente este tipo de celebracións en datas sinaladas para que os usuarios poidan participar en pé de igualdade na vida social e cultural da súa contorna.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.