Medio centenar de quilos de navalla e unha embarcación en Porto do Son incautados nunha operación de furtivismo

13 Agosto 2022

O Servizo de Protección da Natureza de Noia e o Servizo de Gardacostas da Xunta incautaron case medio centenar de quilos de navallas nunha operación de furtivismo.

Os axentes detectaron a embarcación no marco dun operativo contra o furtivismo cando unha persoa sacaba dúas capachos cargados de navalla e os introducía no maleteiro dun coche. Posteriormente atoparon o vehículo aparcado na zona exterior do porto e tentaron localizase o seu propietario sen conseguilo.
O Servizo de Gardacostas inspeccionaba a embarcación e entrevistábase co patrón, que manifestou que non sabía quen conducía o vehículo, aínda que acabou recoñecendo que fora el o que sacara o vehículo do porto.
No interior do maleteiro do vehículo atoparon os dous capachos con navalla, que unha vez lpesados en Lonxa determinouse que pesaban 46,2 quilogramos. Procedeuse á incautación da mercadoría, que foi devolta ao mar. Os axentes incautaron tamén a embarcación, que quedou precintada e inmobilizada no porto de Porto do Son, coa prohibición expresa de realizar actividades de pesca.

Garda Civil

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.