Este luns 15, sesión vermú en Boiro con Os Bregadiers e Leite con Jalletas

12 Agosto 2022

O luns 15 de agosto a rúa peonil de Boiro dará acubillo a unha sesión vermú musical e festeira que contará coa presenza de Os Bregadiers e de Leije con Jalletas. Dará comezo ás 12.00 horas.

Os Bregadiers son unha banda que mestura swing, jazz e rock&roll, experimentados músicos galegos nunha formación que leva á rúa músicas doutras latitudes, nunca antes escoitadas nas vilas e cidades galegas. Inspirados nas brass bands, fanfarrias ou bandas gypsy, Os Bregadiers son herdeiros destas tradicións, cunha calidade musical e artística fóra de toda dúbida.

Leite con Jalletas é unha banda do Barbanza (os seus compoñentes son de Bandourrío e Curuxeiras, en Ribeira, e do Campiño na Pobra) cuxos integrantes defínense a si mesmos como “o mellor trío híbrido-acústico para calquera tipo de evento, locais, festa privadas vodas e tamén almorzos”. Hai uns días estiveron no Rock & Dorna (Festa da Dorna) e foron unha das grandes sensacións da festa de Ribeira por excelencia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.