Este sábado Dodro rende un novo tributo a Moncho Reboiras coa presentación dun libro biográfico

11 Agosto 2022



Este sábado 13 de agosto ás 20:00h a Eira da Lavandeira de Imo (Dodro) acolle a presentación do libro Reboiras. O camiño  da rebeldía, que será dado a coñecer no concello de onde Reboiras era natural polos seus autores, Xosé Manuel Pereiro e Xurxo Martínez González.

Xurxo Martínez González é doutor en Filoloxía Galega especializado no Rexurdimento. Autor de
Marxes. Guía ilustrada do Vigo rebelde con ilustracións de David Rodríguez. Publicou as biografías de Fuco Gómez, Luís Soto e os Vilar Ponte (esta canda Emilio  X. Ínsua). Colaborador habitual en prensa. Recibiu premios de poesía, relato curto e ensaio. Presidiu o colectivo A Nave das Ideas, impulsora do día das Artes Galegas. Actualmente  é técnico  de normalización lingüística en Redondela.

Xosé Manuel Pereiro é xornalista. Director da revista Luzes. redactor de informativos  de TVE dende 1988 a 2008. Correspondente en Galicia do diario El País. Fundou as revistas Loia, La Naval e Brabú. Autor dos libros Si, home si en 2001, Prestige. Tal como foi, tal como fomos en 2012 e Diario dun repunante en 2017. É cantante do grupo musical Radio Océano.

Xosé Ramón Reboiras Noia, nacido en Imo, no Concello de Dodro, é moito máis ca Moncho Reboiras, unha imaxe nun cartaz ou nun valado. Unha persoa por riba dun mito. Un dos grandes dirixentes políticos do nacionalismo a quen o franquismo lle arrebatou a mocidade, o entusiasmo e a rebeldía en agosto do 1975.

Neste libro, histórico e xornalístico, os autores, danlles voz aos compañeiros e compañeiras daqueles anos de fulgor e atrevemento, levándonos a un tempo moi distinto do actual onde todo estaba por construír.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O Barbanza: Cinco anos de xornalismo independente”

“O Barbanza: Cinco anos de xornalismo independente”

Hai cinco anos, en maio do 2019 nacía na súa edición dixital obarbanza.gal e uns días despois na de papel O Barbanza, sempre en galego e baixo a cobertura do Grupo Código Cero Comunicación. Dicíamos daquela que eramos un grupo de profesionais decididos a aventurarnos...