Prosegue en agosto, en diverentes recantos de Noia, o programa de espectáculos Rúas Vivas

11 Agosto 2022

O espazo urbano de Noia é este verán un fervedoiro de actuacións de índole cultural. Éo grazas en parte ao programa Rúas Vivas, que comezou o 7 de xullo cun concerto de Ricardo Parada e logo de diversas actuacións musicais en diferentes recantos da vila durante o devandito mes, proseguiu en agosto coa Banda de Música de Noia (o domingo 7) e, este sábado 13, farao cunha sesión vermú a cargo de AirBand, ás 13.30 horas no Curro.

A axenda prosegue o martes 16 cun espectáculo de maxia ás 21.00 horas na praza do Curro, e o xoves 18 cun concerto de Elena ás 21.00 horas na praza da Constitución. O venres 19 volve a música da man de Copo de Aluá, ás 21.00 horas na Alameda, ao abeiro do programa Os Seráns no Malecón. De xeito paralelo, o venres 19, entre as 19.00 e as 21.00 horas, haberá música chill-out nas terrazas do Malecón de Gasset. O domingo 21 regresa a Banda de Música de Noia (ás 20.00 horas na praza do Cantón), e xa metidos en setembro, o xoves 1 haberá unha sesión DJ con Jerry Noia’s Jukebox, a partir das 21.00 na praza da Constitución. A axenda remata a fin de semana comprendida entre o venres 2 e o domingo 4 de setembro, coa festa de fin de verán de 50 anos Aló – Noia.

Presentación en xullo da axenda do programa

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.