Boiro acolle esta fin de semana unha nova edición do Mercado Castrexo

08 Agosto 2022

O Concello de Boiro organiza esta fin de semana unha nova edición do Mercado Castrexo que se instalará na rúa peonil de Boiro durante os días 12, 13 e 14 de agosto. Haberá postos de animación, artesanía e alimentación. Amais, instalarase un campamento castrexo, haberá xogos tradicionais e realizaranse vodas celtas.

O mercado estará aberto o venres pola tarde, en horario de 18.00 a 24.00 horas; o sábado pola mañá de 11.00 a 15.00 horas e pola tarde de 18.00 a 24.00 horas; e o domingo no mesmo horario de mañá e tarde. O programa de actividades abrangue e desfiles pola zona do mercado, obradoiros de actividades e ambientación de rúa.

O programa detallado pode consultarse na web municipal.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.