A Deputación da Coruña e Pesquedellas celebran o Ano Faraldo cun slam poético nas redes sociais

04 Agosto 2022

A Deputación da Coruña, a través da área de Normalización Lingüística, vai celebrar en clave dixital e multitudinaria os 200 anos do nacemento de Antolín Faraldo (o 2 de setembro de 1822 en Betanzos). Farao nas redes sociais cun concurso xornalístico e cun slam poético. Estas actividades forman parte da programación do Ano Faraldo, que organizan a Deputación e o proxecto Pesquedellas, artífices destes Xogos Florais.

Concurso poético

Dotado con 150 euros para o gañador e con 100 euros para o seguindo mellor traballo, trátase dun certame de xornalismo dirixido a mozas e mozos de entre 16 e 35 anos. O prazo de presentación remata o 15 de agosto. Os e as participantes teñen que escribir un texto orixinal en galego, con temática cultural libre e cunha extensión máxima de 500 palabras. Os artigos gañadores serán publicados no suplemento cultural Antolín Faraldo do mes de setembro, que distribúe a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos.

Slam poético

É un concurso no que cada participante, non maior de 35 anos, recitará en directo poemas da súa creación, de temática libre, pero empregando obrigatoriamente a lingua galega. O xurado escollerase entre o público asistente. Todos os poemas deberán usar unha estrofa que siga a métrica das coplas de tradición oral galegas. Outorgaranse tres premios de entre 150 e 100 euros. As persoas que queiran recitar teñen que enviar un correo ao enderezo pesquedellas@gmail.com ou deixar unha mensaxe nas contas de Instagram ou de Facebook o proxecto Pesquedellas (@proxectopesquedellas).

Chamamento á participación

A deputada de normalización lingüística, María Muíño, fai unha chamada á xente moza para se anime a participar nas actividades que se van desenvolver na vila de Betanzos, lugar de nacemento do homenaxeado, en especial nestes dous concursos dirixidos de xeito específico para eles e elas. As bases completas pódense consultar e descargar en liña.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.