Continuan esta semana os traballos de roza e limpeza nas marxes de estradas autonómicas ao paso polo concello de Muros

31 Xullo 2022

A Xunta continuará a vindeira semana os traballos de limpeza nas marxes de estradas autonómicas ao seu paso polos concellos coruñeses de Muros e de Ordes.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade retomou recentemente estes traballos nas vías da Xunta, tras renovar, por máis de 2,2 millóns de euros coa empresa pública Seaga, o contrato para acometer tarefas de control da biomasa das marxes das estradas de titularidade autonómica para previr lumes e reforzar a seguridade viaria.

Ao longo da vindeira semana proseguirán os labores de roza e de limpeza nas marxes da estrada AC-550, ao seu paso polo concello coruñés de Muros; e tamén na estrada AC-413, ao seu paso polo municipio de Ordes.

Estas actuacións de limpeza contribúen á prevención dos lumes ao eliminar especies pirófilas como o piñeiro, o eucalipto ou a acacia nas marxes das vías. Cómpre lembrar que a Lei 3/2007, de 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia recolle o obxectivo da rotura da continuidade horizontal e vertical da biomasa, de modo que as estradas actúen con efecto “cortalumes”.

Por outra banda, estas intervencións favorecen o control da vexetación, que tamén supón a mellora da seguridade viaria. Os traballos proxectados retirarán árbores que poidan caer á calzada en caso de temporal e evitarán vexetación que invada as beiravías ou beirarrúas, facilitando o tránsito de peóns e ciclistas. Tamén permiten aumentar a visibilidade dos usuarios da estrada e conseguen o efecto de afastar aos animais, como xabarís ou corzos das vías.

A nova encomenda a Seaga ten unha vixencia de doce meses e impulsa o despexe e roza de vexetación na zona de dominio público das estradas autonómicas. Ademais, tamén supón un apoio aos labores de conservación de zonas verdes en sendas peonís e glorietas.

Estas novas accións de conservación nas vías de titularidade da Xunta permitirán, nesta nova encomenda, a roza mecánica de máis de 2.600 quilómetros lineais e actuar nunha superficie de máis de 188.500 metros cadrados de xeito manual.

Ademais, retiraranse máis de 5.600 árbores situadas no dominio público das estradas, susceptibles de provocar lumes ou de supoñer un risco de caída na calzada. Tamén se levará a cabo a reparación de 22.500 metros lineais de valado dos noiros perimetrais das estradas.

Como novidade na encomenda de 2022 prevese a reposición de 7.500 metros de valado en vías de alta capacidade que se poida danar nos labores de despexe ou roza. A reposición realizarase con valado reforzado para aumentar a protección da estrada fronte á entrada de animais.

O departamento que dirixe Ethel Vázquez intensificou nos últimos anos as accións de prevención de lumes nas marxes das estradas autonómicas, engadindo aos medios da súa conservación ordinaria un reforzo con encomendas á empresa pública Seaga.

Con esta nova encomenda, desde o ano 2018 lévanse investidos 8,3 M€ nas actuacións de control da biomasa nas marxes das estradas autonómicas.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.