Ponte Nafonso estrea iluminación

30 Xullo 2022

A Xunta dotou de iluminación a Ponte Nafonso, que une os concellos de Noia e Outes na estrada AC-196, “contribuíndo á súa posta en valor e ao reforzo da seguridade de vehículos e de peóns”. O Goberno galego explicou que a iluminación escollida (en base a un modelo de baliza encaixada no peitoril, sistema tamén usado na Ponte Sampaio, en Pontevedra), vai dirixida a “realzar a monumentalidade da infraestrutura”.

Esta actuación forma parte dos traballos de rehabilitación impulsados pola Xunta, cun investimento autonómico de máis de 700.000 euros, que están xa na súa fase final, “só pendentes de remates”. Estes labores retomáronse en abril, tras recibir o visto bo da Comisión de Patrimonio da Coruña o novo proxecto para a ponte, que recollía a configuración do peitoril de pedra en lugar do metálico, e unha vez superado o paro do transporte que adiou o seu reinicio.

O proxecto inicial propoñía a instalación dunha varanda metálica, cuxo deseño estaba previsto para a contención de vehículos cunha velocidade de 50 km/h. “Porén”, recordaron fontes da Xunta,”a limitación a 20 ou 30 km/h nas vías que dispoñan plataforma única de calzada e beirarrúa, fixo necesario optar finalmente por colocar un peitoril de pedra”. O obxectivo foi “conxugar a funcionalidade da infraestrutura co máximo coidado e a súa posta en valor, dada a súa singularidade ao tratarse dunha ponte medieval”.

A obra tamén incluíu a substitución do pavimento e da varanda, así como a limpeza dos paramentos exteriores co fin de “mellorar o seu aspecto estético e mantela en bo estado de conservación”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.