Viravolta Títeres, Raquel Queizás e Irene Vecchia actuarán en Rianxo este sábado, penúltima xornada do Titiriberia

29 Xullo 2022

O Festival Titiribeira de Rianxo, organizado pola Asociación Morreu o Demo coa colaboración do Concello de Rianxo, da Deputación da Coruña e da Xunta, prosegue este sábado 30 de xullo cun programa de tres funcións e unha videoconferencia sobre a presenza da muller no teatro profesional dos monicreques a nivel internacional.

A actividade comezará ás 13.00 h. na praia de Tanxil da man de Viravolta Títeres, compañía que celebra en Titiriberia o seu 40º aniversario. A formación ofrecerá o seu espectáculo Vida, Crimes e prisión de Toribio de Mañón, no que retrata as andainas do famoso bandoleiro que inspirou a Valle-Inclán para escribir a súa obra Las galas del difunto e que está vencellado tamén ao Entroido rianxeiro.

ApPraia de Tanxil volverá a se converter en escenario ás 18.30 h. Raquel Queizás ofrecerá a esa hora un pase da súa peza Travesías. Aventuras de libro. Trátase dun espectáculo de narración oral con obxectos e monicreques no que a contadora e titiriteira convida o público a navegar por historias cheas de mulleres bravas que loitaron contra os prexuízos.

Unha hora despois, ás 19.30 h., o Pazo do Rianxiño acollerá a videoconferencia O que non se nomea non existe, as mulleres na arte dos títeres. Impartida pola investigadora mexicana Elvia Mante, a charla centrarase nos primeiros datos extraídos do seu estudo internacional Mulleres na arte dos títeres.

E para concluír a xornada, a artista italiana Irene Vecchia ofrecerá ás 21.00 horas tamén no Pazo do Rianxiño a súa obra A lúa e Pulcinella. A obra cóntanos, a través da técnica de bonecos de luva ao xeito do guarattelle napolitano, como despois dun novo abuso, todas as mulleres da Terra rematan na Lúa. Para non perder a súa amada Teresita, Pulcinella intenta chegar onda ela e descobre así como son as perigosas situacións que viven demasiadas mulleres neste mundo.

30 compañías e artistas
O Festival Titiriberia na súa sétima edición traerá a Rianxo a máis de trinta compañías, formacións e artistas do teatro de monicreques tradicionais para ofrecer os seus espectáculos, participar nas mesas redondas, impartir os cursos de formación a profesionais ou acompañar a cativada nos obradoiros de construción de bonecos que se insiren no programa dos Campamentos de conciliación do Concello de Rianxo. Este ano, o encontro rianxeiro recupera tras dous anos de crise sanitaria a súa dimensión internacional ao contar coa participación de artistas e investigadoras procedentes de México, Italia e Portugal.

Programa completo no web: www.tititiriberia.com.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...