Unha nova edición de A nosa feira busca apoiar ao comercio itinerante

28 Xullo 2022

Os Xardíns de Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal volven acoller un ano máis A nosa feira, unha
iniciativa que busca apoia-lo comercio, especialmente o itinerante, pero que tamén serve de escaparate para establecementos da localidade.

A concelleira da Promoción Económica, Charo Varela (Nós Pobra), xunto coa técnica municipal desta área, Sara Sánchez, explicou que esta sexta convocatoria se compón dun total de catorce postos de xoiaría, roupa, complementos, artesanía en madeira, alimentación, marroquinaría, gravado en láser… Ademais, o Concello puxo á disposición, de xeito gratuíto, dúas das casetas para que alí se instalen artesáns e comerciantes locais que van ir rotando ao longo dos días.

A elección do espazo para o desenvolvemento desta feira responde aos criterios de ser un lugar céntrico, visible, con tránsito e nas proximidades de establecementos hostaleiros, para que así a afluencia de xente redunde positivamente en ámbolos sectores.

A feira permanece aberta dende a semana pasada e ata 31 de agosto, en horario de 10.30 a 14.30 e de 17.00 a 22.00 horas.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...