O Trofeo Pitusa Sabín – Mar de Finisterre será Trofeo Presidente Xunta de Galicia

25 Xullo 2022

Juan Caballero.- O Real Club Náutico Portosín volve facer as honras de albergar unha das probas velísticas máis importantes da comunidade galega, o Trofeo Presidente Xunta de Galicia que, coa súa regata máis emblemática, a Mar de Finisterre, será puntuable, por segundo ano consecutivo, entre as tres grandes citas velísticas que o compoñen: a Regata Infanta Elena, que organiza o Real Club Náutico da Coruña; o
Trofeo Príncipe de Asturias, do Monte Real Club de Iates de Bayona; e a Mar de #Finisterre, que cumpre a súa XXXIV edición e a VIII como Trofeo Pitusa Sabín.
“Por segundo ano consecutivo e grazas á cesión do Real Club Náutico de Sanxenxo, ao cal estamos moi agradecidos, imos organizar unha das probas puntuables para o Trofeo Presidente Xunta de Galicia”,
comenta Fernando González, Comodoro de Portosín. “Convidar os armadores e regatistas a que participen na nosa regata máis emblemática, a Mar de #Finisterre, con máis de 30 anos de historia, unha
regata cun percorrido paisaxístico de extraordinaria beleza que tamén combina probas ao vento moi técnicas”, explica o Comodoro.
Os días 20 e 21 de agosto a Ría de Muros e Noia será testemuña excepcional do desenvolvemento da regata, nunha primeira xornada de navegación costeira ata a Enseada de #Finisterre, virando o famoso faro do Carrumeiro Mozo, situado na entrada á Ría de Corcubión, para regresar ás inmediacións do porto deportivo do Real de Portosín, cunha distancia de 40 millas náuticas, un 74 km.
O segundo día se reserva para a celebración de dúas barlovento- sotavento, que son percorridos moi técnicos entre boias, cun trazado que pode variar entre as 6 e 8 millas náuticas, uns 11 ou 14 km.

A XXXIV Regata Mar de #Finisterre é unha das probas pioneiras e máis destacadas do Real Club Náutico de Portosín, cumprindo as súas VIII edicións como Trofeo Pitusa Sabín desde que Dominga Sabín e Jacinto Hernández fixéronse cargo do seu patrocinio.
Está destinada á clase Cruceiro e a frota poderá dividirse en tres categorías: Regata, Cruceiro/Regata e Cruceiro, facendo distinción tamén á frota monotipo de J80 no que caso de que houbese un número de barcos mínimo para conformar outro grupo diferente. Na súa falta, serán incorporados á División que lle corresponda en función da súa GPH, un algoritmo resultante entre as súas capacidades de navegación.
Tamén, e de maneira conxunta co Real Club de Mar de Aguete, será proba valedoira para o Campionato de España de Cruceiros.

Outros artigos

Noia alzou a voz contra a violencia machista

Na mañá deste mércores 25 de novembro, o alumnado dos centros educativos de Noia foi protagonista da lectura do manifesto con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. A axenda deste mércores deu comezo ás 11.45 coa lectura da...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

Cuenta Eduardo Infante en su libro Filosofía en la calle que, mientras explicaba un díala metafísica de Aristóteles en el instituto, advirtió que los alumnos tomaban notas ensus cuadernos. Pero al fondo de la clase estaba una chica sentada junto a una ventanaque no...