
O PP de Ribeira acusou nunha nota de prensa a Vicente Mariño de Bricio, de mentir no pleno extraordinario do mércores por tres veces en relación á súa participación na tramitación da licencia da gasolinera de Xarás pola cal pretende a reprobación do alcalde.

Segundo o comunicado a primeira mentira do voceiro do grupo municipal do PBBI sucede cando afirma que lle comunicou á secretaria xeral do Concello que se ausentaba da xunta de goberno na que se concedeu a licencia de obra a Puntos Bajo Coste, S.L. (24 de abril de 2014): “Debo tener un sexto sentido, yo ya veía por dónde podían ir los tiros y le dije a la señora secretaria que yo en ese punto me iba” [1:21:00 do pleno]: algo rotundamente falto posto que tal como recolle o acta desta sesión (nas actas recóllense con exactitude as horas de entrada e saída de todos os participantes) el non asistiu en ningún dos puntos.
A segunda mentira do señor Mariño dáse cando acusa ao alcalde de non querer estar presente nesta mesma sesión ordinaria da xunta de goberno… e a renglón seguido é o propio voceiro do PBBI quen lembra que se o señor Ruiz Rivas non estivo presente foi porque tiña un compromiso na Deputación da Coruña, institución provincial da que era naquel momento voceiro do grupo popular.
E a terceira e que os populares consideran a máis grave das mentiras de Mariño de Bricio é negar calquera intervención da súa persoa na concesión da licencia de obra -incluso chegou a afirmar que el estaría disposto a freala se tivese a documentación [1:32:00]-, posto que el foi un dos concelleiros que aprobou en xunta de goberno do 18 de xullo de 2014 a ratificación da sentencia en toda a súa integridade, ao desestimar o recurso de reposición interposto pola Asociación Gallega de Distribuidores de Gasóleo e a Asociación Provincial de Estaciones de Servicio de A Coruña.

Malia gravidade das mentiras de Vicente Mariño, o Grupo Municipal Popular segue defendendo que a licencia foi aprobada con todos os informes técnicos favorables (incluíndo a declaración de incidencia ambiental da Xunta de Galicia, competente no expediente) e obrar en contrario implicaría incorrer por parte da xunta de goberno nun delito de prevaricación: así o explicou o secretario xeral do Concello no pleno de onte [35:45].
A voceira do Grupo Popular María Sampedro lembrou ademais que o PBBI segue sen presentar as contas da súa campaña electoral. “O pobo segue sen saber de onde saíron os cartos da súa campaña nin se vostede lle debe algo alguén”, comentoulle a Vicente Mariño de Bricio [1:37:00].



